“VIN COMO XOGABAN OS NENOS NO COLEXIO”

31/05/2018
“VIN COMO XOGABAN OS NENOS NO COLEXIO”

David ten 9 anos e é todo un deportista.

 

Empezou no colexio en 2017 cando viu uns nenos xogando a tenis de mesa e pensou que ese deporte, no que nunca reparara, podería gustarlle moito. Desde entón practícao e dáselle realmente ben. Mesmo chegou á final dalgunha competición. Di que se puxo algo triste, pero sabe que é parte do xogo.