Uso de cookies nas páxinas web de ABANCA Corporación Bancaria S.A.

Nas páxinas web de ABANCA Corporación Bancaria S.A. (en diante, “ABANCA»), e nos seus subdominios (en diante, conxuntamente, o “Sitio web”), utilizamos cookies propias e de empresas colaboradoras para mellorar a túa accesibilidade, mellorando a túa experiencia de usuario, así como mostrarche a publicidade adaptada aos teus intereses mediante a análise dos teus hábitos de navegación. Esta política pode ser actualizada, polo que che convidamos a revisala de forma regular.

Nota importante: as cookies que catalogamos como propias son imprescindibles para poder navegar con normalidade polo sitio web.

Que son as cookies?

Coa finalidade de che ofrecermos os servizos e mais as funcionalidades do sitio web, ABANCA utiliza diferentes tipoloxías de cookies, propias e de terceiros, tal como se informa na consola de configuración e xestión de cookies presente no sitio web.

Unha cookie é un pequeno arquivo que se descarga no teu dispositivo cando accedes a determinadas páxinas web. As cookies permítenlle a unha páxina web, entre outras cousas, o propio funcionamento desta e a comprobación de aspectos esenciais, como a identidade do usuario no caso de peticións individualizadas.

As cookies pódenlle afectar á túa privacidade, por este motivo, queremos ofrecerche a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies que utilizamos, para que teñas plena capacidade de decisión en relación ao seu uso e á protección da túa privacidade.

Que cookies utilizamos?

No sitio web poñemos ao dispor dos usuarios unha consola de configuración de cookies mediante a que podes xestionar as túas preferencias en relación coa instalación ou non de cookies no teu equipo e/ou terminal, así como obter información detallada sobre as tipoloxías de cookies que emprega o sitio web e as características de cada un dos que utilizamos.

A consola de configuración de cookies móstraselle ao usuario coa súa primeira visita ao sitio web e, ademais, é posible acceder a esta desde aquí.

Consola de configuración de cookies

 

Quen utiliza as cookies?

A información que se solicita a través das cookies dunha páxina web pode ser utilizada tanto polo titular desta páxina web coma por un terceiro que lle preste un servizo ao titular.

Neste sentido, a información das cookies utilizados no sitio web é tratada por ABANCA, como titular da páxina web, así como por terceiros que lle prestan servizos. Estes terceiros son:

  1. Google Analytics

O sitio web utiliza Google Analytics, un servizo de analítica web desenvolvido por Google, Inc., que permite a medición e mais a análise da navegación nas páxinas web. Google, Inc., é unha compañía de Delaware cuxa oficina principal está no 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (California), CA 94043, Estados Unidos («Google»). Coma moitos outros servizos, Google Analytics utiliza cookies. A información que xera a cookie acerca do uso pola túa parte desta web (incluíndo o teu enderezo IP) será directamente transmitida e arquivada por Google nos servidores dos Estados Unidos. Google usará esta información pola nosa conta co propósito de seguir a pista do uso do sitio web pola túa parte, recompilando informes da actividade e prestando outros servizos relacionados con esta actividade e o uso de Internet. Google poderalles transmitir a citada información a terceiros cando así llo requira a lexislación, ou cando estes terceiros procesen a información por conta de Google. Google non asociará o teu enderezo IP con ningún outro dato do que dispoña Google. Podes rexeitar o tratamento dos datos ou a información rexeitando o uso de cookies mediante a selección da configuración apropiada do teu navegador, con todo, debes saber que se o fas pode ser que non poidas usar a plena funcionalidade do sitio web.

No teu navegador poderás observar cookies deste servizo. Podes atopar máis información sobre as cookies de Google, así como sobre o complemento de inhabilitación de cookies para navegadores creado por Google Analytics.

  1. Enlaces ás redes sociais

No sitio web tamén se poderán incluír botóns a través dos cales, de forma sinxela e intuitiva, poderás enlazar e compartir certos contidos do sitio web con redes sociais como Twitter ou Facebook. Esta funcionalidade supón o uso de cookies que enlazan coas páxinas web destas redes sociais, almacenando a información unicamente nelas.

Como visualizar as cookies?

Todos os navegadores ofrécenche a posibilidade de buscar e visualizar as cookies que instala un determinado sitio web, obter información relativa á súa duración e a posibilidade de eliminalos, tal e como se indica no seguinte apartado.

A seguir móstranse unha serie de enlaces informativos sobre esta cuestión dos navegadores de Internet máis utilizados:

Como eliminar as cookies?

Para restrinxir ou bloquear as cookies, deberás modificar a configuración do navegador que utilices no teu equipo e/ou terminal, xa sexa ordenador, teléfono intelixente ou tableta.

Con carácter xeral, os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

  • Que o navegador rexeite todos as cookies e, polo tanto, non se instale ningúnha cookie de ningunha páxina web no seu equipo e/ou terminal.
  • Que o navegador te avise antes de que se produza a instalación das cookies para que decidas se aceptas ou non a instalación deste.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visitas, pero non os utilizados polo sitio web polo que navegas.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal as cookies se instalan no terminal, pero elimínanse de xeito automático cando finalizas a navegación pola páxina web. Nos seguintes enlaces podes obter información sobre a navegación en modo privado nos navegadores de Internet máis utilizados:

Durante canto tempo conservamos os datos xerados polo uso das cookies?

Os datos xerados polo uso das cookies serán conservados durante un prazo de doce (12) meses. Transcorrido este prazo, os datos da túa IP asociados á configuración das cookies aceptadas xa non estarán dispoñibles nos nosos sistemas, polo que deberás volver configurar as cookies de acordo ás túas preferencias.

Aceptación da Política de Cookies e/ou Modificación da configuración das cookies do Sitio Web

Mostramos información sobre a nosa política de cookies cada vez que inicias unha sesión neste sitio web. Ante esta información podes realizar as seguintes accións:

  1. Aceptar as cookies. Podes aceptar o uso das cookies, o que che permitirá utilizar todas as funcionalidades do sitio web sen restricións. En calquera caso, non volverás visualizar este aviso cando accedas a calquera páxina do sitio web.
  2. Modificar a configuración das cookies. Poderás obter máis información sobre que son as cookies, cales son as cookies que utiliza o sitio web, coñecer polo miúdo a política de cookies de ABANCA e modificar a configuración do teu navegador para adaptala ás túas preferencias.

Se desexas obter máis información sobre a túa privacidade, podes consultar a nosa política de privacidade.