Iván Raña, protagonista do primeiro encontro de Aventúrate

03/02/2019
Iván Raña, protagonista do primeiro encontro de Aventúrate

O Auditorio ABANCA en Santiago de Compostela acolleu o primeiro encontro de Aventúrate, a iniciativa do Programa ABANCA Deporte Base para achegar aos máis novos a valiosa experiencia dos deportistas galegos de elite.

Iván Raña foi o encargado de estrear este ciclo de charlas no que tamén participarán Sofía Toro e Martín de la Puente. O triatleta galego compartiu co público asistente diferentes experiencias e anécdotas que tivo ocasión de vivir ao longo da súa carreira profesional. Tamén contestou a numerosas preguntas dos deportistas que asistiron ao encontro, interesados pola opinión de Iván sobre rutinas de adestramentos ou nutrición.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *